O mellor e o máis novo relacionado co transporte de viaxeiros por estrada. iso é o que desde este venres se pode ver en Silleda. Aquí celébrase a primeira edición de Expobús Iberia, unha feira na que participan máis dun cento de empresas de 13 paises e que nace sendo a segunda máis importante de España.
Tamén hai un pequeno recuncho para deleitarse vendo pezas clásicas de autocares, da empresa local Cuíña, de mediados do século XX.